Navegación por
Etiqueta: Pintadas

O vegano que non sabía escribir carnívoro

O vegano que non sabía escribir carnívoro

Se cadra o seu inconsciente provoca que o simple feito de escribir a palabra “carnívoro” provoque no seu intelecto un erro que o obriga a escribila mal. Se cadra, é a súa falta de práctica ao escribi-la palabra, tabú, dentro do ideario vegano. Se cadra son os nervios de facer unha pintada. Se cadra…
O que está claro, é que en dúas pintadas, preta unha da outra, a este (ou esta) activista cústalle un pouco escribir a maldita palabra.

Vai de copas

Vai de copas

Rematada a Eurocopa, ¿que imos facer sen fútbol? Solicito que as autoridades (in)competentes comecen a traballar na ampliación dos campionatos balompédicos. Desde aquí suxiro que despois da Supercopa, inventen a Megacopa, Xigacopa. Teracopa, Petacopa…

Como di a pintada da rúa San Pedro de Lugo, “Máis fútvol, por fabor”

maisfutvol

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close