Navegación por
Mes: Agosto 2016

Bandeiras dos nosos gais (e lesbianas)

Bandeiras dos nosos gais (e lesbianas)

Agrogai de Luar Na Bailada en 500px.com

Pandereteira neoclásica na Rusia dos zares

Pandereteira neoclásica na Rusia dos zares

Extracto da película Deti veka (Children of the age) (Yevgeni Bauer, 1915) na que se pode ver a un grupo de música tradicional da época e unha muller tocando a pandeireta. Quizais, a importancia da gravación sexa a constatación de que esteamos ante a auténtica percusora na que se baseou Suso Baamonde para desenrolar o seu estilo da Pandeireta neoclásica.

Cronoheroe

Cronoheroe

O cronómetro atómico detívose en … … … ¡¡¡9:22.53!!!

Nese máxico intre no que o marcador multipantalla do estadio olímpico amosaba eses díxitos, o público estoupou nun berro tal, que ata os alicerces do estadio tremeron. A xente arreguizou de emoción e presas dun xúbilo exacerbado, abrazábanse uns aos outros, contravindo a Lei Imperial 3/2456. Máis aquela ocasión ben o merecía, sería algo que poderían contar aos netos dos seus netos. Había 134 anos que a humanidade non vía unha nova marca atlética e aqueles espectadores decatábanse de que eran uns auténticos privilexiados.

9:22.35 era unha nova marca mundial dos cen metros lisos e melloraba nun microsegundo o anterior, que fora batido no ano 2234.
Ben Boltt, da Unión Americana de Pobos, era, nese intre, o home máis feliz do sistema Terra-Lúa. Nunca xamais pensara que algo así lle podía suceder e agora estaba absolutamente abrumado. Tentou illarse por uns momentos, para poder saborear a vitoria, consciente de que nunca volvería a gozar dun instante semellante e quería asimilar todo o que lle estaba a pasar.
Transcorridos uns interminables segundos, Ben Boltt ergueuse de novo, coa mente despexada e cunha sensación de paz que nunca experimentara, o seu cerebro preparouse para unha sobredose de emocións. Vía á xente saltando, abrazándose e incluso algúns bicándose, algo que, sen dúbida, pagarían moi caro unhas horas máis tarde.

Ben, comezou a dar a volta de honra, despois de anos de adestramentos e competicións, esta ía ser a súa derradeira volta a unha pista olímpica, 120 segundos que gozou como os últimos.
Ao trote, recorreu o anel de catrocentos metros saudando á xente, que a cada paso do atleta mergullábase pouco a pouco nun clímax animal. As demostracións de ledicia eran cada vez máis e máis irracionais. Cando estaba facendo a última curva do estadio, dirixiuse a unha fermosísima moza á que regalou a seu atomómetro, xirouse e continuou trotando. As súas costas, puido oír o seco disparo dunha pistola, de esguello viu que a rapaza volábase a tapa dos miolos nun momento de euforia non contida. De súpeto, os espectadores, ensanguentados e con cachos de masa encefálica da rapaza, comezaron unha liorta para facerse co agasallo do atleta.
Faltaban menos de cincuenta metros para que Ben rematase a súa volta de honra. Ao final da recta, xa podía ver ao equipo médico coas súas batas azuis e aos especialistas en plastinación.
Estes derradeiros metros fíxoos case andando. Pola súa mente pasaron todos os bos e malos momentos da súa vida, como imaxes flickeradas e saboreou os últimos segundos da súa vida antes de converterse nun cronoheroe ao que todos renderían culto e admiración.
Ao saír do estadio, lonxe das olladas e dos berros dos espectadores, nun silencio absoluto, o equipo médico inxectoulle unha solución de bromuro de pancuromio. Mentres Ben Boltt doaba a súa vida á posteridade, as imaxes do estadio agolpábanse nas súas retinas, namentres, a escuridade apoderábase das súas lembranzas. Xa morto, os especialistas empezaron a embalsamar, extraer o líquido e as graxas do seu corpo.
Pasado un ano de curado e envellecemento, o corpo plastinado de Ben Boltt, o derradeiro cronoheroe, pode verse á entrada do Estadio Olímpico de NeoLugo.

PD: co gallo dos xogos olímpicos recupero este relato publicado en Zentolos previamente en castelán.

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close