Navegación por
Mes: Febreiro 2017

O vegano que non sabía escribir carnívoro

O vegano que non sabía escribir carnívoro

Se cadra o seu inconsciente provoca que o simple feito de escribir a palabra “carnívoro” provoque no seu intelecto un erro que o obriga a escribila mal. Se cadra, é a súa falta de práctica ao escribi-la palabra, tabú, dentro do ideario vegano. Se cadra son os nervios de facer unha pintada. Se cadra…
O que está claro, é que en dúas pintadas, preta unha da outra, a este (ou esta) activista cústalle un pouco escribir a maldita palabra.

Raíñas dos ceos

Raíñas dos ceos

Raíñas dos ceos
despoxos nas cunetas

dead animals II de Luar Na Bailada en 500px.com

Trotsky e México, dúas revolucións

Trotsky e México, dúas revolucións

León Trotsky foi un dos persoeiros máis carismáticos e influíntes da primeira metade do século pasado e unha figura clave, tanto na Revolución Rusa como no desenrolo ideolóxico do comunismo en Europa. Falar de Trostky e preguntar que tería sido da URSS e do comunismo é todo un. Imaxinar como sería unha URSS sen Stalin no poder é unha cuestión sen resposta, pero seguramente o mundo sería ben distinto a como o coñecemos hoxe en día. Ou se cadra non. Vai ti saber.

A cuestión é que Stalin, de orixe humilde, sen moito carisma e intelectualmente limitado, sempre tivo envexa dun Trostky cunha presenza magnética e unha formación académica exquisita. En canto Lenin morreu, Stalin fixo o que puido por afastar a Trotsky do poder, eliminalo da historia da revolución e intentar eliminalo fisicamente.
Trostky caeu en desgraza do réxime comunista e vagou polo mundo, buscando un asilo político que lle foi denegado en todos os países ata que chegou ao México revolucionario de Lázaro Cárdenas. Despois de varios intentos fallidos, Stalin conseguía o seu obxectivo, Trotsky morría a golpe de piolet a mans do comunista español, Ramón Mercader.

O seguinte filme fala desa parte da Historia que puido cambiar o mundo tal e como o coñecemos.
Trostky e México, dúas revolucións do século XX do mexicano Adolfo García Videla.

Trotsky y México, Dos Revoluciones del Siglo XX from Adolfo García-Videla on Vimeo.

Un fandango para os nazis

Un fandango para os nazis

A principios dos anos corenta, chega ao País Vasco francés, o director de cine alemán Herbert Brieger. Coñecido documentalista, afín ao nazismo, chegou a esas terras para dar unha visión costumista e chea de tópicos, desde o pobo mariñeiro e montañés, ata a exaltación dos costumes e cultura propia. A película non foi licenciada ata o ano 1944, un ano antes da derrota alemá na II Guerra Mundial e foi distribuída pola recoñecida UFA. Sen embargo, dado que a guerra estaba a piques de rematar, suponse que a película non tivo unha grande distribución e permaneceu perdida durante máis de 50 anos, ata que no ano 2000 apareceu unha copia en perfecto estado de conservación.
Na película pódese ver un percorrido desde o pobo mariñeiro, os caseríos das montañas, a exaltación da pelota vasca e, non podía faltar, unha representación da danza e música tradicional.

Esta escena é realmente interesante, pois nela saen catro dantzaris, dous homes e dúas mulleres, vestidos co traxe tradicional e un acordeonista que toca para eles. Hai que destacar que a escena está moi ben rodada, permitindo ver os puntos dos dantzaris e escoitar perfectamente a música, algo que non ocorre noutras escenas do documental.

+info no extenso traballo sobre a película e o director titulado El País Vasco visto por el cine de los nazis [PDF] de Santiago de Pablo e Teresa Sandoval, a descubridora do filme no ano 2000.

+info no documental Una esvástica sobre el Bidasoa de Alfonso Andrés e Javier Barajas.

Dúas culleres de pau

Dúas culleres de pau

Dúas culleres de Luar Na Bailada en 500px.com

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close