Navegación por
Mes: Decembro 2016

O carro “me lo robaron”

O carro “me lo robaron”

A piques de rematar este ano 2016 dedicado, desde o mundo das letras e da cultura en xeral, ao poeta e activista chairego Manuel María, é tempo para contar unha anécdota real, que sería ben divertida, se non reflectise o estado miserento no que se atopa a nosa cultura entre o alumnado dos nosos colexios e na sociedade actual galega.
Contoume certa profesional que co gallo do Día das Letras, xuntou ao alumnado e propúxolles que cantaran o mítico tema de “O Carro” de Manuel María, facendo a versión de Fuxan os Ventos. A rapazada, en conxunto, quedou fitando para ela con cara de… de que estás a falar. A profesora insistiu. O Carro, podemos cantar O Carro, esa sabédela todos, seguro. Segue o pasmo plantado na cara dos rapaces, ata que un deles coa expresión propia de decatarse de algo ben evidente, di todo alegre, “Sí, hombre, sí, esa la sabemos todos…Mi carro me lo robaron…”

O dito, rir por non chorar.

Trikitixa en Pasaia

Trikitixa en Pasaia

Nesta ocasión viaxamos ata o País Vasco, en concreto, ao Porto de Pasaia.
Chega a terra o trasatlántico de luxo Adonia. Os pasaxeiros baixan a terra e son recibidos por un dúo de musica tradicional vasca, composto por trikitixa e pandeireta.

A escea sae na película Pasaia Bitartean (Gorostidi Agirretxe, 2016).

Anuncio La Estrella de Galicia (1932)

Anuncio La Estrella de Galicia (1932)

Anuncio aparecido na revista Revista mensual ilustrada del Auto-Aero Club de Galicia alá polos anos trinta do século pasado. Cando o importante era a mensaxe e non o deseño nin a innovación. De feito, ese mesmo anuncio sen ningún cambio, seguiu aparecendo durante moitos anos nesa publicación polo menos ata 1938.


Folla completa da revista.


Detalle do anuncio de La Estrella de Galicia.

Irimia como símbolo

Irimia como símbolo

O Pedregal de Irimia como símbolo do país que leva na súa bandeira o azul do Pai Miño. Símbolo de vida, de orixe, de semente.
O Pedregal de Irimia como símbolo dun país ferido polos eólicos que espallan os beneficios lonxe das súas fronteiras, cartos que voan lonxe, deixando migallas para estómagos ben agradecidos.
O Pedregal de Irimia como símbolo dun país inzado de eucaliptos que provoca a carraxe duns (moi) poucos ao ver á matria ferida.
Irimia como símbolo dun país inexistente e que non quere existir.

Irimia.jpg de Luar Na Bailada en 500px.com

Sementando morte

Sementando morte

Sementando morte no campo santo,
cadaleitos agromando do agro,
sucos dereitos con cruces ben tortas.

Sementado morte no campo santo de Luar Na Bailada en 500px.com

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close