Navegación por
Etiqueta: fotografía

Dúas culleres de pau

Dúas culleres de pau

Dúas culleres de Luar Na Bailada en 500px.com

Aparvando

Aparvando

¿Quen mira a quen?
¿Quen vive de quen?
¿Quen precisa de quen?

Aparvando de Luar Na Bailada en 500px.com

Sementando morte

Sementando morte

Sementando morte no campo santo,
cadaleitos agromando do agro,
sucos dereitos con cruces ben tortas.

Sementado morte no campo santo de Luar Na Bailada en 500px.com

Ao paso das formigas

Ao paso das formigas

Rúas ateigadas por centos de persoas que as percorren en lexítima protesta.

Desde os balcóns, das casas ben do centro, a xente mira, do mesmo xeito que ti podías mirar como pasa unha ringleira de formigas cara a ningures.

So unha muller, maior, aplaude ao paso das formigas, unha tola.

Ao paso das formigas de Luar Na Bailada en 500px.com

Historias fotográficas: The Falling man

Historias fotográficas: The Falling man

Ás veces é certo que unha imaxe vale máis que mil palabras, noutras ocasións unha imaxe, ou unha serie de imaxes son capaces de dicilo absolutamente todo. Unha imaxe que queda gravada durante tempo, que non é doado esquecer. Temos na memoria moitas imaxes dos atentados do once de setembro. A explosión do avión, as torres xemelgas ardendo e botando fume, os axentes cheos de po, pero eu teño unha gravada que de cando en vez, reaparece, a dese home caendo coma un falcón en picado. Sempre me pregunto, que estaría pasando pola cabeza desa persoa nese momento.
O autor da fotografía titulada “The Falling man” é Richard Drew da axencia Associated Press, na que traballou durante máis de corenta anos, e fotografou, por exemplo, o atentado de Kennedy en Dallas. Sen embargo, como tantas outras veces, vai pasar á historia por esa fotografía icónica dun home descoñecido (aínda que se cre que pode ser Jonathan Briley) que se arroxa desde as alturas antes de morrer abrasado polo lume. Un acto de desesperación tal que non somos quen de entender, sen embargo, esa fotografía ademais de transmitir o horror do momento, tamén destila certa paz, o que produce aínda máis desacougo. Como é lóxico nestes casos, aparte da pericia do fotógrafo, sempre hai un anaco de sorte para coller ese milisegundo que fai que a fotografía sexa máxica. Como se pode ver na serie que tirou, as outras non son capaces de transmitir ese profunda sensación de medo.
The Falling man converteuse na icona dun once de setembro de 2001.

A serie THe Falling Man tomada de ISO1200
A serie THe Falling Man tomada de ISO1200
The Falling Man de Richard Drew
The Falling Man de Richard Drew

No seguinte vídeo da revista Time, podes ver o “Detrás da foto”, unha pequena entrevista a Richard Drew falando da súa foto.

Tamén hai un documental, en inglés, sobre a fotografía na seguinte ligazón: 9/11 The Falling man

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close