O carro “me lo robaron”

O carro “me lo robaron”

A piques de rematar este ano 2016 dedicado, desde o mundo das letras e da cultura en xeral, ao poeta e activista chairego Manuel María, é tempo para contar unha anécdota real, que sería ben divertida, se non reflectise o estado miserento no que se atopa a nosa cultura entre o alumnado dos nosos colexios e na sociedade actual galega.
Contoume certa profesional que co gallo do Día das Letras, xuntou ao alumnado e propúxolles que cantaran o mítico tema de “O Carro” de Manuel María, facendo a versión de Fuxan os Ventos. A rapazada, en conxunto, quedou fitando para ela con cara de… de que estás a falar. A profesora insistiu. O Carro, podemos cantar O Carro, esa sabédela todos, seguro. Segue o pasmo plantado na cara dos rapaces, ata que un deles coa expresión propia de decatarse de algo ben evidente, di todo alegre, “Sí, hombre, sí, esa la sabemos todos…Mi carro me lo robaron…”

O dito, rir por non chorar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close