Historias fotográficas: The Falling man

Historias fotográficas: The Falling man

Ás veces é certo que unha imaxe vale máis que mil palabras, noutras ocasións unha imaxe, ou unha serie de imaxes son capaces de dicilo absolutamente todo. Unha imaxe que queda gravada durante tempo, que non é doado esquecer. Temos na memoria moitas imaxes dos atentados do once de setembro. A explosión do avión, as torres xemelgas ardendo e botando fume, os axentes cheos de po, pero eu teño unha gravada que de cando en vez, reaparece, a dese home caendo coma un falcón en picado. Sempre me pregunto, que estaría pasando pola cabeza desa persoa nese momento.
O autor da fotografía titulada “The Falling man” é Richard Drew da axencia Associated Press, na que traballou durante máis de corenta anos, e fotografou, por exemplo, o atentado de Kennedy en Dallas. Sen embargo, como tantas outras veces, vai pasar á historia por esa fotografía icónica dun home descoñecido (aínda que se cre que pode ser Jonathan Briley) que se arroxa desde as alturas antes de morrer abrasado polo lume. Un acto de desesperación tal que non somos quen de entender, sen embargo, esa fotografía ademais de transmitir o horror do momento, tamén destila certa paz, o que produce aínda máis desacougo. Como é lóxico nestes casos, aparte da pericia do fotógrafo, sempre hai un anaco de sorte para coller ese milisegundo que fai que a fotografía sexa máxica. Como se pode ver na serie que tirou, as outras non son capaces de transmitir ese profunda sensación de medo.
The Falling man converteuse na icona dun once de setembro de 2001.

A serie THe Falling Man tomada de ISO1200
A serie THe Falling Man tomada de ISO1200
The Falling Man de Richard Drew
The Falling Man de Richard Drew

No seguinte vídeo da revista Time, podes ver o “Detrás da foto”, unha pequena entrevista a Richard Drew falando da súa foto.

Tamén hai un documental, en inglés, sobre a fotografía na seguinte ligazón: 9/11 The Falling man

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close