De cañas no Madrid dos anos 50

De cañas no Madrid dos anos 50

Brigada Criminal (Ignacio F. Iquino, 1950) conta a historia dun policía recén licenciado e o primeiro caso que lle toca levar e infiltrarse nun lavadoiro de coches pra intentar coller aos culpables duns pequenos roubos que se fan nun garaxe. Ao tempo, o que semellaba un caso sinxelo vaise complicando pouco a pouco.

O caso é que en Brigada Criminal aparecen dous policías tomando unha caña, moi ben tirada por certo, nun bar de Madrid, preto da estación Alonso Martínez, nos anos cincuenta. O tirador é moi probable que sexa de cervexas El Aguila e o establecemento probablemente sexa o bar La Concha.
Tal e como se pode ver nesta foto da páxina Madrid Antiguo, a semellanza é bastante fiable.

2 pensamentos sobre “De cañas no Madrid dos anos 50

  1. Moi curioso o video, xa facía tempo que non vía unha peli española desa época, vaia voces…
    Por certo, segue existindo El Aguila?

  2. Ha, ha. As voces son boísimas, sobre todo esa do camareiro cantando a propina.
    Cervezas El Aguila, como tal, desapareceu hai anos. Foi comprada por Amstel, e pasou a chamarse El Aguila Amstel e logo pasou a mans do Grupo Cruzcampo e este, foi mercado por Heineken. A típica historia de peixe cativo comido polo peixe grande.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close