Navegación por
Categoría: CineTradicional

As músicas tradicionais no cine

Sambeando en Aitaré da praia

Sambeando en Aitaré da praia

Seguimos na procura de escenas de películas con música tradicional e seguimos, de xeito paradoxal, con películas de cine mudo. Nesta ocasión traio unha escena da película brasileira Aitaré da praia (Gentil Roiz, Ary Severo; 1925) na que nunha festa organizada por unha personaxe influínte do pobo toca un trío para facer un baile. A instrumentación do trío consta dun acordeón diatónico, posiblemente un cavaquinho e algo que podería ser un instrumento de percusión, pero que non se aprecia moi ben.

Destacar que nos intertítulos aparecen dúas estrofas da canción:

“Eu entrei de mar adentro
fui pegar dois tubarão
errei um, ferrei outro
já’vi peixe valentão”.

“Eu entrei de mar adentro
prá brigar com a marisia
quando eu ia, ella voltava
quando eu voltava, ella ia”.

O nome do trío é descoñecido, máis segundo as palabras dun dos produtores, fora unha mágoa que non houbera son xa que o grupo tiña unha grande calidade musical.

Estoupacaldeiros en 18 comidas

Estoupacaldeiros en 18 comidas

Os Estoupacaldeiros son un mítico grupo de Rábade (Lugo), famosos polas grandes festas que montan aló por onde van, mentras que 18 comidas é unha película do lucense Jorge Coira na que seis historias vanse misturando ao arredor dunha mesa e dun xantar, algo que ben sabemos facer por estas terras.

Aquí queda logo unha mostra de música tradicional galega nunha película dun lucense.

Pandereteira neoclásica na Rusia dos zares

Pandereteira neoclásica na Rusia dos zares

Extracto da película Deti veka (Children of the age) (Yevgeni Bauer, 1915) na que se pode ver a un grupo de música tradicional da época e unha muller tocando a pandeireta. Quizais, a importancia da gravación sexa a constatación de que esteamos ante a auténtica percusora na que se baseou Suso Baamonde para desenrolar o seu estilo da Pandeireta neoclásica.

Ao continuar empregando o sitio, aceptas o uso de cookies. máis información

Os axustes de cookies para esta páxina están para "aceptar cookies" para darche a mellor experiencia posible ao navegar por este sitio. Se segues empregando esta páxina sen trocar os teus axustes de cookies ou premes en "Aceptar" estás a dar o teu consentimento a estes axustes.

Close